"Na vida, o oitenta por cento é presentarse" Woody Allen
Entra en escena unha personaxe cunha gran maleta na man. Ao pouco, o público descobre que é a todas luces igual que Woody Allen, que se comporta coma el, que ten as mesmas teimas. Pero ela ignora o parecido. Está perdida, ignorante do evidente, na procura dunha identidade que todos coñecemos.
Sinopse do espectáculo
O punto de partida de A FILLA DE WOODY ALLEN é o inicio dunha viaxe, unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

Equipo artístico
Creación colectiva de:- Santiago Cortegoso (director e encargado da ordenación do territorio textual)
- Carmela Bueno (coreógrafa e encargada da ordenación do territorio xestual)
- Marián Bañobre (actriz, deseñadora de vestiario e encargada da desordenación do territorio textual e xestual)
- Diego Seixo (ordenación do territorio gráfico e fotográfico)
- Anxo Graña (ordenación do territorio musical)
- Salvador del Río (ordenación do territorio lumínico)
- Raquel Martínez Olariaga (ordenación do territorio textil)
No hay comentarios:
Publicar un comentario